Partidos xudiciais de Escocia

Os partidos xudiciais de Escocia, chamados en inglés sheriffdom, é a división territorial que opera nese país conforme a administración de xustiza. Dende 1975 existen en Escocia seis partidos xudiciais.

Na súa orixe, os partidos xudiciais de Escocia xurdiron como agrupación dos distintos condados, pero a eliminación destes e a implantación das rexións e dos distritos en 1975 perdeuse esta correspondencia. Cando o 1 de abril de 1996 entraron en vigor as áreas municipais, a actual unidade de división municipal, esta situación non se emendou.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search